![]()
(ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO SECTOR TURÍSTICO
DA COSTA DA MORTE)
O proxecto
≈ SaboR a maR con R ≈ é un innovador proxecto que promove unha rede de gastronomía de quilómetro cero no territorio do Galp Costa Sostible.
Durante os meses de setembro a abril, unha rede de establecementos turísticos ofrecerá menús baseados nos mellores produtos locais, con especial protagonismo para os peixes e mariscos da zona. Pero este proxecto non só fala de boa comida: é unha celebración do patrimonio natural e cultural da Costa Sostible, unha oportunidade única para descubrir sabores, tradicións e paisaxes que conquistan os sentidos.
Esta iniciativa busca destacar e promover a riqueza natural e cultural da rexión, a través dunha proposta gastronómica que resalta a calidade, frescura e sostibilidade dos produtos locais. A rede inclúe a participación de empresas complementarias de sectores como a artesanía, o turismo activo, as visitas guiadas culturais e o astroturismo, creando unha oferta integral que atrae tanto aos amantes da boa comida como aos interesados no disfrute da natureza e a cultura local.


![]()
Establecementos de restauración
![]()
Establecementos do sector da restauración participantes na iniciativa.
Establecementos complementarios
![]()
Establecementos complementarios doutros sectores distintos da restauración.
Actividades
![]()

Xornada do 25 de novembro
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING
Adrián Figueroa, cociñeiro do Restaurante Omakase, experto en maduración e cortes de peixe, para aportar unha ollada moi innovadora aos restauradores/produtores locais.
Acompáñao Tono García, do Restaurante Material en Malpica.

Michelin awarded
Gourmet Dinner
Prepared is me marianne pleasure likewise debating. Wonder an unable except better stairs do ye admire. His and eat secure sex called esteem praise. So moreover as speedily differed branched ignorant.
Xornada do 27 de novembro
XORNADA SOBRE A ECONOMÍA AZUL NAS ZONAS PESQUEIRAS
Como condutor da mesma contamos coa presenza do gran comunicador de temas de gastronomía José Manuel García, que conduciu durante anos o programa da Radio Galega “Comer e falar”. Tamén participaron produtores/as e cociñeiros/as locais que apostan pola sustentabilidade e o produto de Km. 0
Diego López Pedreira: Especializado en Ecoturismo e técnico da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
Sandra Varela Amado: cociñeira do comedor do CEIP Os Muíños, membro de Slow Food Compostela. Membro da Comunidade de Cociñeiras Sostibles de Galicia.
Rogelio Santos Queiruga: Mariñeiro e divulgador da pesca sostible


Treat yourself
Spa & Wellness
Prepared is me marianne pleasure likewise debating. Wonder an unable except better stairs do ye admire. His and eat secure sex called esteem praise. So moreover as speedily differed branched ignorant.

Xornada do 28 de novembro
XORNADA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL RELACIONADA CO MAR
Para esta actividade contamos coas seguintes entidades/empresas:
-Mar de Fábula
-Alívavá
Realizouse unha limpeza na praia de Ardeleiro, en Lira.





