• Inicio
  • Valores do proxecto
  • Empresas participantes
    • Establecementos de restauración
    • Establecementos complementarios
    • Listado de proveedores
  • Galería
    • Fotos
    • Vídeos
  • Recursos
  • Actividades
  • APTCM
  • Contacto
  • Inicio
  • Valores do proxecto
  • Empresas participantes
    • Establecementos de restauración
    • Establecementos complementarios
    • Listado de proveedores
  • Galería
    • Fotos
    • Vídeos
  • Recursos
  • Actividades
  • APTCM
  • Contacto

♦ https://galp.xunta.gal/proxectos-aprobados

Beneficiario/a

ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DE TURISMO DA

COSTA DA MORTE

Duración

03/2025 - 07/2027

Orzamento total

97.850,00 €

Subvención concedida

85.706,10 €

Financiación

70% UE - 30% CCAA

SaboR a maR con R

SaboR a MaR con R recolle as tres R da economía circular ademais de facer referencia ao período estacional comprendido entre setembro e abril. Trátase dos meses que levan R, que tradicionalmente lle confiren un alto sabor e calidade aos froitos das frías augas do Atlántico.

Entre as actuacións a realizar atópanse: a creación dunha rede de establecementos, unha base de datos de provedores, un manual revisable, documentación sobre o calendario óptimo de produtos do mar, material formativo e didáctico e actividades de difusión, divulgación, comunicación e marketing.

Principais obxectivos do proxecto

Permitir unha economía azul sostible e fomentar o desenvolvemento da comunidade mariñeira, subministrando alianzas empresariais e institucionais, de cara a idear propostas gastronómicas e experienciais no marco dos produtos turísticos do territorio.
Promover a sostibilidade ambiental no marco da política pesqueira común e a lexislación ambiental, a través da formación, a concienciación, a creación de oportunidades e a demostración da viabilidade das alianzas entre a comunidade mariñeira e o tecido empresarial do territorio, no marco das políticas locales, autonómicas, estatais e comunitarias.

Aumentar o valor da produción local e crear oportunidades para recoñecer o papel da muller, atraer á xuventude e promover a innovación.
Contribuir á diversificación da economía e aproveitar o patrimonio natural e cultural.
Reforzar o papel da comunidade mariñeira na gobernanza (confrarías, empresariado, expertos, axuntamentos).

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación dunha rede de empresas que participen en ofertas no territorio vinculadas ós recursos do mar e á comunidade mariñeira, cun MANUAL para a rede, que recolla os seus compromisos.
Base de datos de provedores de produtos e servicios do mar e Calendario óptimo de consumo.
Eventos e xornadas de sensibilización (empresarial, social) da Costa da Morte sobre: aumento do valor dos produtos do mar e as súas oportunidades; valorización e fomento da participación da muller; economía azul (diversificación económica); patrimonio ambiental e mitigación do cambio climático; benestar social e patrimonio cultural (pesqueiro, acuícola, marítimo); reforzo do papel da comunidade pesqueira no desenvolvemento local; xestión de destinos.

Manuales formativos descargables: FORMACIÓN CON R DE MAR
Plan Comunicación: campañas temáticas offline, online; Web e RRSS, famtrip e merchandising (sostible; con artesáns)
Rede de axentes do territorio
Promoción de produtos turísticos


Principais actividades do proxecto

 As actuacións inclúen: a creación dunha rede de establecementos, unha base de datos de proveedores e un manual revisable, así como documentación sobre o calendario óptimo de produtos do mar, material formativo e didáctico e actividades de difusión, divulgación, comunicación e marketing.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde

Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO 2  Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP:

2.1. Colaboración con outras actividades vinculadas á economía azul para o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro.

PE155A-2025-00078 - Cartel FEMPA (1)Descarga