Actividades


Domingo 26 de abril
-Escola de Pasarela (Vimianzo)-
Xornada do domingo 26 de abril de 2026 – Ás 10:30 h
XORNADA SOBRE OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA
Xornada única de sensibilización ambiental para coñecer de preto os espectaculares Penedos de Pasarela e Traba, auténticos tesouros naturais do noso territorio.
Da man do catedrático emérito de Xeoloxía da UDC Juan Ramón Vidal Romaní, exploramos a historia que gardan estas formacións rochosas, aprendemos sobre a súa importancia e desfrutamos dunha mañá diferente en contacto coa natureza.
Sábado 25 de Abril
-Restaurante A Furna (Muxía)-
Xornada do sábado 25 de abril de 2026 – MEDIODÍA
XORNADAS DO CONGRIO SECO
Sábado 25 de abril (MEDIODIA)
En A Furna recuperamos unha tradición única da nosa terra: o congrio seco, un produto con historia, carácter e un sabor que non se esquece.
👨🍳 Contamos cun cociñeiro invitado de Calatayud, que elaborou en directo o auténtico congrio seco á bilbilitana (con garavanzos), tal e como se facía antigamente.
🔥 Ademáis, en A Furna creamos 2 pratos especiais fóra de carta, reinterpretando este produto dende a nosa cociña de arroces e brasa.


Sábado 28 marzo
-Museo do Alemán(Camelle)-
Xornada do sábado 28 de marzo de 2026 – Ás 11:00 h
ENCONTRO SOBRE A OBRA DE MANFRED GNÄDINGER
O sábado 28 de marzo ás 11:00 h no Museo do Alemán en Camelle, artistas e veciñanza reuníronse para falar sobre o legado da obra de Manfred Gnädinger (Man) e o seu significado para a Costa da Morte.
Un encontro aberto para reflexionar sobre:
🎨 O valor e futuro da obra de Man
🏛️ A necesidade ou non dunha intervención no seu legado
🌍 O estado das infraestruturas culturais na Costa da Morte
Convidamos á veciñanza de Camelle, ás persoas creadoras e a toda a comunidade da Costa da Morte a participar neste espazo de diálogo e reflexión.
Mércores 8 de outubro
-Parador de Muxía-
Xornada do 8 de outubro de 2025
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING
Demostración culinaria a cargo da xefa de cociña do parador, Paloma Riveiro, e do chef Álvaro Rodríguez, de A LonXa D’Álvaro.
