Recursos

Micromanual
5 cogomelos comestibles presentes nos sistemas dunares da Costa da Morte
Este micromanual achega unha mirada ao fascinante mundo dos cogomelos presentes nos sistemas dunares da Costa da Morte, da man de José Manuel Castro Marcote, experto en micoloxía. A través de cinco especies singulares, descóbrese a riqueza ecolóxica dun territorio onde o mar e a terra se entrelazan en equilibrio. Estas especies, discretas pero esenciais, amosan a importancia da conservación dos hábitats costeiros e o potencial das dunas como espazos de aprendizaxe e turismo sostible. Un convite a observar, coñecer e valorar o patrimonio natural que agocha a Costa da Morte.


Libro de receitas
Receitas veganas con produtos do mar
Con Tino Otero
Este micromanual presenta unha viaxe polo sabor máis innovador da Costa da Morte da man do cociñeiro Tino Otero, experto no uso culinario das algas e doutros produtos vexetais do mar. As súas propostas amosan a riqueza dunha cociña sostible e consciente, onde as receitas véxanas adquiren un papel esencial como alternativa saudable e respectuosa co medio. A través destas elaboracións, o mar convértese nun espazo de inspiración gastronómica e cultural, convidando a descubrir novas formas de gozar dos sabores atlánticos con creatividade, ética e compromiso coa natureza.
Videorreceitas
As sardiñas da Costa da Morte
Estes microvídeos percorre o sabor e a tradición das sardiñas na Costa da Morte, un produto esencial da nosa identidade mariñeira. A través de receitas como as sardiñas escochadas, lañadas ou en escabeche, rescátanse métodos de conservación e elaboración transmitidos de xeración en xeración. Máis ca un alimento, a sardiña é testemuña dun xeito de vida vinculado ao mar e á memoria colectiva das vilas costeiras. Unha proposta para descubrir o valor gastronómico, cultural e turístico dun dos peixes máis emblemáticos da nosa cociña atlántica.


Teatro
Naufraxios
Este vídeo propón empregar o teatro como recurso para achegarse á memoria do naufraxio do Nil e, con el, á historia mariñeira da Costa da Morte. A dramatización convértese nunha ponte entre pasado e presente, permitindo comprender e sentir as emocións que agroman das súas augas e lendas. A través da interpretación escénica, o patrimonio dos naufraxios transfórmase nunha experiencia viva e participativa, que une cultura, educación e turismo nun relato colectivo sobre a forza do mar e da xente que o habita.