Ver máis UN PROXECTO DE APTCM
(ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO SECTOR TURÍSTICO
DA COSTA DA MORTE)
saboR a maR con R waves

O proxecto

≈ SaboR a maR con R ≈ recolle as tres R da economía circular, ademais de facer referencia ao período estacional comprendido entre setembro e abril.

Trátase dos meses que levan R, que tradicionalmente lles confiren un alto sabor e calidade aos froitos das frías augas do Atlántico.

Entre as actividades, crearase unha rede de establecementos, unha base de datos de provedores e un manual revisable, documentación sobre o calendario óptimo de produtos do mar, material formativo e didáctico, así como actividades de difusión, divulgación, comunicación e mercadotecnia.

Esta iniciativa busca destacar e promover a riqueza natural e cultural da rexión, a través dunha proposta gastronómica que resalta a calidade, frescura e sostibilidade dos produtos locais. A rede inclúe a participación de empresas complementarias de sectores como a artesanía, o turismo activo, as visitas guiadas culturais e o astroturismo, creando unha oferta integral que atrae tanto aos amantes da boa comida como aos interesados no disfrute da natureza e a cultura local.

Natureza

Cultura

Artesanía

Turismo

Gastronomía

Produto local

pexels-kellie-churchman-371878-1001682 (1)

Beneficiario/a

ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DE TURISMO DA

COSTA DA MORTE

Duración

03/2025 – 07/2027

Orzamento total

97.850,00 €

Subvención concedida

85.706,10 €

Financiación

70% UE – 30% CCAA

SaboR a maR con R

SaboR a MaR con R recolle as tres R da economía circular

ademais de facer referencia ao período estacional comprendido

entre setembro e abril. Trátase dos meses que levan R, que

tradicionalmente lle confiren un alto sabor e calidade aos froitos

das frías augas do Atlántico.

Entre as actuacións a realizar atópanse: a creación dunha rede de establecementos, unha base de datos de provedores, un manual revisable, documentación sobre o calendario óptimo de produtos do mar, material formativo e didáctico e actividades de difusión, divulgación, comunicación e marketing.

Establecementos de restauración

Establecementos do sector da restauración participantes na iniciativa.

Establecementos complementarios

Establecementos complementarios doutros sectores distintos da restauración.

Actividades

8 de outubro de 2025
–Parador da Costa da Morte (Muxía)–

Xornada do 8 de outubro


PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING


Destacouse a combinación de creatividade e respeto pola tradición mariñeira nos platos elaborados con produtos como longueirón, algas, percebes, congrio e lubina.