-Ameixas, berberechos, rodaballo, robaliza, san martiño, mero, chuletón de porco celta, etc
Arroces e fideuá:
-Arroz de mariscos, arroz de bogavante, arroz negro, arroz cremoso de pulpo, fideuá de zamburiña e gambón
Info
O restaurante A Furna está situado no porto de Muxía.
É un local moderno e acolledor, con terraza e vistas ó mar.
A súa cociña baséase en produtos frescos da Costa da Morte, sobre todo peixes e mariscos locais, que en moitos casos son capturados pola propia familia do restaurante. Tamén serven pratos e carnes tradicionais cun toque creativo.
É un sitio ideal para gozar de boa comida galega fronte ó mar, nun ambiente tranquilo e agradable.
A nosa especialidade son os peixes e mariscos á brasa e arroces.