Fotos xornada 26 de abril



Xornada única de sensibilización ambiental para coñecer de preto os espectaculares Penedos de Pasarela e Traba, auténticos tesouros naturais do noso territorio.

Da man do catedrático emérito de Xeoloxía da UDC Juan Ramón Vidal Romaní, exploramos a historia que gardan estas formacións rochosas, aprendemos sobre a súa importancia e desfrutamos dunha mañá diferente en contacto coa natureza.