APTCM
![]()
ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO DA COSTA DA MORTE
Sobre nós
APTCM é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a varios profesionais do sector turístico da Costa da Morte.
Un dos nosos obxectivos principais é a promoción do turismo na zona, así como a gastronomía local.
Para acadalos desenvolvemos varios proxectos, como o presente descrito nesta web: SaboR a maR con R.
SaboR a maR con R é un proxecto que busca transformar a oferta turística da Costa Sostible, creando unha rede de gastronomía que valore e promova os produtos autóctonos dos municipios de Camariñas, Vimianzo, Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Carballo, A Laracha e Muxía.
A través deste proxecto, foméntase o desenvolvemento económico local, a preservación do medio ambiente e o enriquecemento cultural da zona.
