Caseta musealizada Pepe do Cuco

Contacto

  • Enderezo: A Beirada, Lira, s/n, 15292 - Carnota
  • Telf.: 610 228 083
  • Mail: turismo@carnota.gal
  • Web: www.carnotaturismo.com

Actividades

  • O museo funciona de maneira autónoma.
  • As persoas usuarias poden acceder ó seu interior a través da lectura dun código QR.
  • Unha vez dentro só hai que seguir as indicacións e desfrutar da experiencia.

Info

  • A caseta de Pepe do Cuco é unha antiga caseta de pescadores convertida no primeiro museo automatizado de Galicia.
  • Foi cedida pola familia de Pepe do Cuco, o último que a utilizou para a súa función orixinal: protexer a súa xeiteira e o resto de aparellos de pesca.
  • No seu interior alberga unhas maquetas e unhas pantallas a través das cales se fala dun modo de vida, da tradición mariñeira e da relación da xente de lira co mar.
  • HORARIO:
  • Tódolos días do ano.
  • 8:00-15:00 / 15:15-23:00