* Entregado en Casa Trillo sen servizo de camareiros
* Tamén dispoñibles arroces e outros produtos da zona
Info
En Casa de Trillo desexamos abrirlle unha porta á esencia da Costa da Morte e do mundo rural galego. Somos conscientes de que o tempo é ouro e o noso obxectivo é converter os días de descanso dos nosos clientes en vivenzas de autenticidade, paz e sosego, sen abafos nin ruídos e en contacto directo coa natureza e coa nosa xente.
Para iso poñemos á súa disposición a nosa atención persoal, as instalacións e as rutas que lles propoñemos.