Programamos distintas actividades como concertos, obras de teatro, monólogos ou obradoiros.
Por outra banda, dende o 4 ao 7 de decembro facemos o festival Comarea, onde enchemos muxía de cultura durante 4 días.
Info
Horta Creativa é unha cooperativa de xestión cultural coa que facemos distintos proxectos como: Orballo Cultural, Muxía cultural, Festival Comarea e a xestión do Camping Lago-Mar. En todos os nosos proxectos temos a cultura como a base da nosa búsqueda por un territorio mellor.