Fotos xornada 28 de marzo

ENCONTRO SOBRE A OBRA DE MANFRED GNÄDINGER
Sábado 28 de marzo de 2026
–Museo do Alemán(Camelle)–
O sábado 28 de marzo ás 11:00 h no Museo do Alemán en Camelle, artistas e veciñanza reuníronse para falar sobre o legado da obra de Manfred Gnädinger (Man) e o seu significado para a Costa da Morte.
Un encontro aberto para reflexionar sobre:
🎨 O valor e futuro da obra de Man
🏛️ A necesidade ou non dunha intervención no seu legado
🌍 O estado das infraestruturas culturais na Costa da Morte
Convidamos á veciñanza de Camelle, ás persoas creadoras e a toda a comunidade da Costa da Morte a participar neste espazo de diálogo e reflexión.

















