Fotos xornada 26 de abril

XORNADA SOBRE OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA
Domingo 26 de abril de 2026
–Escola de Pasarela (Vimianzo)–
Xornada única de sensibilización ambiental para coñecer de preto os espectaculares Penedos de Pasarela e Traba, auténticos tesouros naturais do noso territorio.
Da man do catedrático emérito de Xeoloxía da UDC Juan Ramón Vidal Romaní, exploramos a historia que gardan estas formacións rochosas, aprendemos sobre a súa importancia e desfrutamos dunha mañá diferente en contacto coa natureza.






















