Actividades


Sábado 3 de outubro
-Centro de interpretación do Esteiro de Anllóns | Sinde – Cabana-
Xornada do sábado 3 de outubro de 2026 – Ás 10.00 h
XORNADA DE DIVULGACIÓN AMBIENTAL SOBRE A RIQUEZA ORNITOLÓXICA DA COSTA DA MORTE
O pasado sábado vivimos no Centro de Interpretación do Esteiro do Anllóns unha xornada para coñecer e poñer en valor a riqueza ornitolóxica da Costa da Morte. 🐦🌊
Da man do ornitólogo José Luis Rabuñal, achegámonos ao fascinante mundo das aves e descubrimos un pouco máis a enorme biodiversidade do noso territorio.
Logo fixemos unha saída de campo con @gnhabitat
Unha mañá de divulgación ambiental para coñecer, valorar e protexer o noso patrimonio natural.

Martes 29 de setembro
-Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO) de Corme (Ponteceso)–
Xornada do martes 29 de setembro de 2026 – Ás 11.00 h
XORNADA DE DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO SUBACUÁTICO DA COSTA DA MORTE
O martes 29 de setembro, @saboramarconr , un proxecto de @aptcm_costadamorte organiza unha Xornada de Divulgación do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte, un encontro para achegarnos á riqueza, á historia e ao valor que tamén se agocha baixo as nosas augas.

Domingo 26 de abril
-Escola de Pasarela (Vimianzo)-
Xornada do domingo 26 de abril de 2026 – Ás 10:30 h
XORNADA SOBRE OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA
Xornada única de sensibilización ambiental para coñecer de preto os espectaculares Penedos de Pasarela e Traba, auténticos tesouros naturais do noso territorio.
Da man do catedrático emérito de Xeoloxía da UDC Juan Ramón Vidal Romaní, exploramos a historia que gardan estas formacións rochosas, aprendemos sobre a súa importancia e desfrutamos dunha mañá diferente en contacto coa natureza.
Sábado 25 de Abril
-Restaurante A Furna (Muxía)-
Xornada do sábado 25 de abril de 2026 – MEDIODÍA
XORNADAS DO CONGRIO SECO
Sábado 25 de abril (MEDIODIA)
En A Furna recuperamos unha tradición única da nosa terra: o congrio seco, un produto con historia, carácter e un sabor que non se esquece.
👨🍳 Contamos cun cociñeiro invitado de Calatayud, que elaborou en directo o auténtico congrio seco á bilbilitana (con garavanzos), tal e como se facía antigamente.
🔥 Ademáis, en A Furna creamos 2 pratos especiais fóra de carta, reinterpretando este produto dende a nosa cociña de arroces e brasa.


Sábado 28 marzo
-Museo do Alemán(Camelle)-
Xornada do sábado 28 de marzo de 2026 – Ás 11:00 h
ENCONTRO SOBRE A OBRA DE MANFRED GNÄDINGER
O sábado 28 de marzo ás 11:00 h no Museo do Alemán en Camelle, artistas e veciñanza reuníronse para falar sobre o legado da obra de Manfred Gnädinger (Man) e o seu significado para a Costa da Morte.
Un encontro aberto para reflexionar sobre:
🎨 O valor e futuro da obra de Man
🏛️ A necesidade ou non dunha intervención no seu legado
🌍 O estado das infraestruturas culturais na Costa da Morte
Convidamos á veciñanza de Camelle, ás persoas creadoras e a toda a comunidade da Costa da Morte a participar neste espazo de diálogo e reflexión.
Mércores 8 de outubro
-Parador de Muxía-
Xornada do 8 de outubro de 2025
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING
Demostración culinaria a cargo da xefa de cociña do parador, Paloma Riveiro, e do chef Álvaro Rodríguez, de A LonXa D’Álvaro.
